O Dia da Ciencia en Galicia - Exposición Científicos Galegos 2008 - 2017

07/10/2017

Con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galicia, a Real Academia Galega de Ciencias e o Consello da Cultura Galega inauguraron unha exposición na que se recolle un pequeño resumo dos rasgos máis salientables, tanto biográficos como da traxectoria científica de cada un dos dez Científicos Galegos proclamados pola Academia desde 2008 ata hoxe. O obxectivo é contribuir a cultura científica das galegas e dos galegos. Presentouse no Pazo de San Roque e irá circulando o longo do ano por distintos centros e lugares.