O Día da Ciencia en Galicia rinde homenaxe a Baltasar Merino e entrega o II Premio de Xornalismo Científico

26/09/2017

O Mércores, día 4 de outubro, a RAGC celebrará o acto central do Día dá Ciencia en Galicia. Nel renderase homenaxe ao Meteorólogo e Botánico Baltasar Merino e entregarase o II Premio de Xornalismo Científico ao redactor de GCiencia, Manuel Rey Pan. A entrada ao acto é libre ata completar aforamento. Se queres apoiar o desenvolvemento da ciencia en Galicia non deixes de acudir. O acto terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde.