O Luns día 1 de Xuño Día da Ciencia en Galicia, dedicado a Ángeles Alvariño

31/05/2015

O próximo día 1 de Xuño a RAGC e con ela toda Galicia celebran o Día da Ciencia, dedicado este ano a Angeles Alvariño González. Bióloga Oceanógrafa é a primeira muller que recibe este galardón. É moi importante contribuir a crear cultura científica e conciencia social sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía. Se te dedicas a investigación e a  transmisión do coñecemento, acude ao acto que se celebrará o próximo Luns as sete da  tarde, no Pazo se San Roque, rúa de San roque, 2, en Santiago de Compostela e mostra así o teu apoio a  Ciencia.