O mércores 22 acaba o Ciclo Luis Asorey que ven celebrando en Lugo

21/11/2017

Mañá finaliza o Ciclo de Conferencias Luís Asorey que, sobre O Cambio Climático e o Sector Agrario en Galicia, vén desenvolvendo na Deputación Provincial de Lugo. No devandito ciclo, inaugurado o pasado día 13, analízase o fenómeno do cambio climático e os seus posibles efectos sobre sectores produtivos de interese para a rexión. O ciclo, organizado pola RAGC, está financiado pola Deputación Provincial e conta co respaldo da USC.