O Prof. Dr. D. Antonio Álvarez Sousa ingresará na RAGC, como Académico Numerario, o próximo día 25 de Abril

08/04/2017

O Prof. Dr. D. Antonio Álvarez Sousa está en posesión de tres licenciaturas, foi Premio Nacional de Fin de Carreira e é Doutor pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou estancias como investigador e como profesor de Master e de Doutoramento en distintas universidades de España, Europa, Estados Unidos e América Latina. Desempeñou numerosos cargos e publicou distintos libros e artigos sobre turismo, estrutura social e a sociedade galega.
Actualmente é Catedrático de Socioloxía e Decano da Facultade do mesmo nome na Universidade   da Coruña.

O acto solemne terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, as 19 horas.