O Prof. Dr. D. Arturo López Quintela xa é Académico Numerario da RAGC

16/02/2017

O ingreso tivo lugar onte tarde nun acto solemne moi concorrido. O novo Académico, profesor, investigador e emprendedor, fixo, no seu discurso de ingreso, unha brillante exposición dos avances tecnolóxicos producidos no campo dos nanomateriais constituídos por clusteres de átomos, avances espectaculares, moitos deles logrados no seu propio grupo e que abren as portas a aplicacións insospeitadas, en múltiples campos. A contestación correu a cargo do Académico Prof. Dr. D. Pedro Merino Gómez, quen tras facer un breve relatorio do seu brillante curriculum, glosou algúns aspectos do discurso. O Reitor da USC, Prof Viaño entregoulle o Diploma e o Presidente da Academia, Prof. Rios, impúxolle a Medalla. Ao acto asististiron, entre outras autoridades, o Presidente do Consello da Cultura Galega, os Reitores das Universidades de Santiago e Coruña, a Secretaria Xeral da Universidade de Vigo, a Directora da Axencia Galega de Innovación e a Decana da Facultade de Química.