O Prof. Dr. D. José Antonio Redondo López ingresará mañá na RAGC, como Académico Numerario. Pazo de San Roque, 19,00h.

20/06/2018

Mañá xoves ás 7 da tarde terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago, o acto solemne de ingreso do Prof. Dr. D. José Antonio Redondo López como Académico numerario. Durante o devandito acto pronunciará o Discurso de ingreso "Teoría financeira e crise: Da optimización á heurística", que será contestado polo Académico Prof. Dr. D. Juan Ramón Quintás Seoane; recebirá o Diploma de mans do Sr. Conselleiro de Facenda, D. Valeriano Martínez e a Medalla que lle será imposta polo Presidente da Academia, D. Miguel Ángel Ríos. Ao acto está prevista a asistencia de numerosas autoridades, entre elas o Sr. Reitor da USC, D. Antonio López, o Presidente en funcións do Consello da Cultura Galega, o Sr. Arcebispo de Santiago, o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, a Directora da Axencia Galegade Innovación, a Presidenta electa do Consello da Cultura Galega, a Segretaria Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, os Vicerreitores de Investigación e de Titulacións da USC, a Vicerrctora de Responsabilidade Social da UVIGO,membros do Consello de Contas e do Consello Consultivo, etc.

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario, o Sr.Redondo foi Investigador Asistente na Universidade de California (San Diego) e actualmente é Catedrático de Economía Financeira da Universidade de Santiago, onde vén exercendo a docencia en materias da súa especialidade, participando en diversos Masteres como codirector ou responsable da área de finanzas. Publicou numerosos libros e traballos de investigación. É Académico da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, membro do grupo de traballo Franco-Español de análise financeira e membro da American Finance Association. Ocupou numerosos cargos, como os de Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Director constituínte do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Foi Director Xeneral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, membro de distintos Consellos e actualmente é Conselleiro Maior do Consello de Contas