O Prof. Dr. D. José Antonio Redondo López ingresará na RAGC como Académico Numerario o próximo día 21

12/06/2018

O próximo día 21 terá lugar solemne acto de ingreso do Prof. Dr. D. José Antonio Redondo López como Académico numerario da RAGC. O acto terá lugar as 19,00 horas no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario, o Sr.Redondo foi Investigador Asistente na Universidade de California (San Diego) e actualmente é Catedrático de Economía Financeira da Universidade de Santiago, onde vén exercendo a docencia en materias da súa especialidade, participando en diversos Masteres como codirector ou responsable da área de finanzas. Publicou numerosos libros e traballos de investigación. É Académico da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, membro do grupo de traballo Franco-Español de análise financeira e membro da American Finance Association. Ocupou numerosos cargos, como os de Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Director constituínte do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Foi Director Xeneral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, membro de distintos Consellos e actualmente é Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia.