O Prof. Dr. D. José Antonio Redondo López xa é Académico numerario da RAGC

25/06/2018

O pasado día 21 o Prof. Redondo pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado "Teoría financeira e crise: da optimización á heurística". Nunha brillante disertación analizou as características máis salientables da crise, poñendo de manifesto a necesidade dunha regulación razoable do sistema financeiro. O discurso foi contestado polo Académico Prof. Dr. D. Juan Ramón Quintás, quen, tras unha breve recensión biográfica e profesional do novo Académico, levou a cabo unha interesante glosa do seu discurso.

Ao acto, que estivo moi concorrido, asistiron numerosas autoridades: O Conselleiro de Facenda, D. Valeriano Martínez; o Reitor da USC, D. Antonio López; o Presidente en funcións do Consello da Cultura Galega; a súa Presidenta electa Da ´Rosario Álvarez; o Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio; a Directora da Axencia Galega de Innovación, Da. Patricia Argerey; o Secretario Xeral de Universidades, D. José Alberto Díez de Castro; a Secretaria Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de. Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dá. Beatriz Cuíña Barja; o Secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura e Educación, D. Gesús Oitabén; o Vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, D. Vicente Pérez Muñuzuri; a Vicerreitora de Titulacións da USC, Da. Mª Vitoria Otero; a Vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación da UVigo, Da. María Isabel Doval; o Coordinador Institucional do CSIC en Galicia, D. Eduardo Pardo de Guevara; a Deputada do Congreso dos Deputados, Da. Irene Garrido Valenzuela; o Ex Reitor da USC, D. Juan Manuel Viaño; a Decana Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Da. María Emilia; o Representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG, D. Antonio Fontenla; o Presidente da Academia Xacobea, D. Xesús Palmou; o Decano – Presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra, D. Joám José Santamaría; o Director da Fundación Catedral de Santiago, D. Daniel Lorenzo; Conselleiros de Contas e do Consello Consultivo; Directores de Centros, etc.