O Prof. Dr. D. José Juan Pazos Arias ingresará na RAGC como Acadéimico Numerario pasado mañá, Mércores, 29 de Xuño

27/06/2016

Pasado mañá mércores, día 29, o Catedrático da Universidade de Vigo, Prof. Dr. D. José Juan Pazos Árias, ingresará na Real Academia Galega de Ciencias, como Académico numerario. No acto solemne que terá lugar as 19,00 horas no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, o ilustre investigador lerá  o seu discurso de ingreso titulado "Crecimiento exponencial de la información. Del big data al small data", ao que dará resposta o Académico Prof. Dr. D. Fernando Pérez González. Ao acto está prevista a asistencia dos Reitores das Universidades de Santiago e Vigo, o Vicepresidente do Consello da Cultura Galega e outras autoridades.