O Prof. Dr. D. Juan José Nieto Roig ingresará na RAGC como Acadéimico Numerario o próximo día 27 de Abril

04/04/2016

O próximo día 27 de Abril terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, as 7 do serán, o acto solemne de ingreso do Prof. Dr. D. Juán José Nieto Roig como Académico Numerario da RAGC. O Prof. Nieto Roig e Catedrático da USC na  área de Análise Matemática, onde dirixe o grupo de investigación Ecuacións Diferenciais non Lineais. Matemático de gran prestixio internacional, é editor dun bo número de revistas científicas das máis importantes e é o terceiro autor máis citado no seu campo a nivel mundial, cun gran número de publicacións de alto impacto.