O Prof. Dr. D. Luis Caramés Viéitez ingresóu na Real Academia Galega de Ciencias

29/05/2015

O Mércores 27 tivo lugar o solemne acto de ingreso do Prof. Dr. D. Luis Caramés Viéitez como Académico Numerario da Real Academia Galega de Ciencias. O Prof. Caramés deu lectura ao seu discurso de ingreso “Entre a miopía e a avaricia: un percorrido pola crise financeira”, que foi contestado polo  Académico Prof. Dr. D. Manuel Freire Rama. Posteriormente, o Prof. Caramés recibíu o Diploma de Académico de mans do Conselleiro de Economía e Industria e a Medalla da Academia, que lle foi imposta polo  Presidente da mesma Prof. Dr. D. Miguel Ángel Ríos Fernánez. Ao acto, que estivo moi concorrido, asistiron numerosas Autoridades e Representacións dos eidos da Administración, Académico, Civil e Militar. Os nosos parabens ao novo Académico.