O Prof. Dr. D. Ramón Doallo Biempica ingresará mañá na RAGC, como Académico Numerario

22/09/2015

O Prof. Dr. D. Ramón Doallo Biempica ingresará mañá na Real Academia Galega de Ciencias, como Académico Numerario. O acto solemne terá lugar no Pazo de San Roque, Rúa San Roque, 2, en Santiago. O discurso de ingreso  titularáse "No camiño da computación exaescala". Está prevista a asistencia dos Rectores da UDC e da USC, do Vicepresidente do Consello da Cultura Galega e outras autoridades. O acto, que terá lugar as 7 da tarde, é aberto. Agradécese a asistencia.