O Prof. Dr. D. Senén Barro Ameneiro ingresará pasado mañá na RAGC como Académico Numerario

12/10/2015

O próximo día 14, o Prof. Dr. D. Senén Barro Ameneiro ingresará na Real Academia Galega de Ciencias, como Académico Numerario. No seu discurso de ingreso acometerá o suxestivo tema Poden pensar as máquinas? O acto solemne terá lugar as 7 da tarde no Pazo de San Roque, en Santiago. Será público e contará coa asistencia de diversas autoridades, entre elas o Reitor da USC, o Alcalde de Santiago, o Presidente do Consello da Cultura Galega, a Valedora do Pobo e o Presidente da Deputación Provincial de A Coruña. O novo académico recibirá o Diploma de mans do Reitor da USC, Prof. Viaño.  O Presidente da RAGC, Prof. Ríos,  impoñeralle a medalla da institución.