O Prof. Dr. D. Senén Barro Ameneiro xa é Académico Numerario da Real Academia Galega de Ciencias

15/10/2015

No día de onte, o Prof. Dr. D. Senén Barro Ameneiro ingresóu na Real Academia Galega de Ciencias, como Académico Numerario. O acto solemne tivo lugar as sete da tarde no  Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. Ao acto, que estivo moi concorrido asistiron o Alcalde da Cidade, o Reitor da USC, a Valedora do Povo, o Presidente do Consello da Cultura Galega e o Presidente da Deputación de A Coruña e Alcalde de As Pontes, entre outras autoridades. O Prof. Barro pronuncióu un brillante discurso baxo o título Poden pensar as máquinas?, ao que respostou o Académico Prof. Dr. D. Felix Vidal Costa. Tras recibir o Diploma de Académico de mans do Sr. Reitor da USC, o Presidente da RACG, Prof. Ríos,  impusolle a Medalla da Academia e pechou o acto cun discurso de benvida.