O Prof. Nieto Roig pronunciou a conferencia inaugural do curso 2019

23/01/2019

A RAGC celebrou o día 23 de xaneiro o acto solemne de Apertura do Curso 2019, no que se entregaron, ademáis, os premios de investigación Ernesto Viéitez. Como é tradicional na RAGC, un dos seus membros é o encargado de pronunciar o discurso inaugural do curso. Neste caso, foi o Profesor Juan José Neto Roig quen disertou sobre novas tendencias en investigación, nunha moi amena conferencia caracterizada por ofrecer unha perspectiva holística temáticamente e sen barreiras xeográficas.

 

O Profesor Neto fixo un percorrido por distintos temas actuais e futuros, indo desde a nanotecnoloxía, a intelixencia artificial ou os exoplanetas á computación cuántica. Recentemente se presentou o primeiro ordenador cuántico comercial que pode facer vulnerables os protocolos criptográficos actuais. Así mesmo, Juan José Neto sinalou que a computación cuántica podería proporcionar unha proba experimental da famosa Hipótese de Riemann que é o problema aberto máis relevante de todas as matemáticas. O Instituto Clay de Matemáticas ofrece un premio dun millón de dólares a quen resolva dita conxectura. Por certo, o último intento, errado por agora, de resolvela foi do gran matemático Sir Michael Francis Atiyah falecido o pasado 11 de xaneiro, retratado aquí co conferenciante no Senado de España durante 2011.

 

 

 

E como en Ciencia sempre que se pecha unha porta, outra se abre, o Profesor Neto concluíu o seu discurso apuntando á investigación en curso sobre novos algoritmos para a era post- cuántica.

Foto de Sir Michael Atiyah y Juan José Nieto (Senado de España, 2011) en @EDNL_USC