O Prof. Vidal Romaní xa é novo Académico de Número da Real Academia Galega de Ciencias

26/03/2015

"A Xeoloxía de Galicia: Como armar un crebacabezas" é o título do discurso pronunciado polo Prof. Vidal Romaní, esta tarde, no acto de ingreso na Real Academia Galega de Ciencias. Ao longo do mesmo o Prof.  Romaní fixo un breve percorrido a través do conxunto de complicados procesos que ao longo de millóns de anos deron orixe á actual configuración territorial de Galicia. O discurso foi contestado polo Académico, Prof. Dr. D. Antonio Rigueiro, quen glosou a figura e a contribución do novo Académico. Ao acto asistiron o Reitor da Universidade da Coruña, D. José Luis Armesto, o Conselleiro de Contas, D. Dositeo Rodríguez, o Vicepresidente do Consello da Cultura Galega, D. Francisco Díaz Fierros e o Delegado do CSIC en Galicia, D. Eduardo Pardo de Guevara, os cales configuraron a mesa presidencial, xunto co Presidente da RAGC, Prof. Ríos. Ademáis dos Académicos, asistiron tamén un representante da Escola Naval Militar de Marín, o Decano da Facultade de Ciencias da UDC, os Decanos de Medicina e Matemáticas da USC, a Directora do Centro de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC), o Director do Centro de Supercomputación de Galicia, o Delegado en Galicia do Colexio Profesional de Xeólogos, os Académicos electos que irán ingresando ao longo do ano e numeroso público. O novo Académico quedou adscrito á Sección de Química e Xeoloxía, é herdeiro da tradición xeolóxica alimentada por Isidro Parga Pondal e é o único xeólogo que agora mesmo ten a Academia. Isidro Parga foi un dos fundadores da Academia e homenaxeado por ela como Científico Galego do ano 2009.