O Profesor D. Pedro Merino xa é novo Académico Numerario da RAGC

07/05/2015

Dende o día de onte a RAGC conta cun novo Académico Numerario. O Prof.  D. Pedro Merino Gómez, é Doutor Enxenieiro Industrial, Catedrático de Universidade do Departamento de Ciencia e Enxeniaría de Materiais na Universidade de Vigo, actualmente Profesor Emérito. É un auténtico experto en Materiais metálicos e Tratamentos anticorrosión. Dentro dun curriculum científico técnico moi ámplo e brillante, hai que destacar a súa conexión co sector productivo e a súa experiencia  na xestión da I+D+i de Galicia. O seu discurso de ingreso versóu sobre As bases científicas da Revolución dos Metais no século XX. Unha prospección tecnolóxica.