O próximo día 25 de Marzo, o Prof. Dr. D. Juan Ramón Vidal Romaní ingresará na Real Academia Galega de Ciencias, como Académico Numerario

06/03/2015

O solemne acto de ingreso terá lugar no Pazo de San Roque, Rúa de San Roque, 2, Santiago de Compostela, as 7 da tarde. O Prof. Vidal Romaní, Catedrático da UDC e Director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, e especialista en Xeoloxía e en certo modo  é herdeiro da Escola Xeolóxica creada por Isidro Parga Pondal no Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Ingresará  na Sección de Química e Xeoloxía da RAGC, como único especialista nun eido tan importante como é a Xeoloxía en Galicia. O seu discurso de ingreso versará sobre "Geología de Galicia: Como armar un rompecabezas"