O próximo día 27 de Maio o Prof. Dr. D. Luis Caramés Viéitez ingresará na RAGC como Académico de Número

11/05/2015

O acto de ingreso terá lugar o día 27 de Maio, as 7 da tarde, no Pazo de San Roque, rúa San Roque 2, en Santiago de Compostela. O Prof. Caramés é Catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, amplióu estudos na Universidade de Burdeos e é autor de numerosos traballos de investigación e outras publicacións. Foi Decano da Facultade de Económicas da USC e Director do seu Departamento de Economía Aplicada, Director da Cátedra Bolívar (USC) para as relacións con América Latina,  primeiro Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, é membro correspondente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, entre outros moitos méritos. Colabora regularmente con diversos medios de comunicación, en relación con temas da súa especialidade.