O próximo martes, día 23, ingresará na RAGC como Académico Numerario o Prof. Dr. D. José Rivas Rey

21/05/2017

O solemne acto de ingreso terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, ás 19,00 horas. O Académico electo pronunciará o discurso: O Magnetismo e a Nanotecnoloxía. Dous aliados na fronteira do coñecemento, que será contestado polo Académico Prof. Dr. D. Vicente Pérez Villar. Ao acto asistirán, entre outras autoridades, os Reitores das Universidades de Santiago e A Coruña, o Presidente do Consello da Cultura Galega, o Concelleiro de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e a Secretaria Xeral da Universidade de Vigo.

O Prof. Dr. D. José Rivas Rey é Catedrático de Electromagnetismo na Universidade de Santiago. É membro destacado do grupo de investigación Magnetismo e Nanomateriais (Nanomag) e conta cun curriculum moi extenso e relevante no campo dos nanomateriais, en publicacións, patentes e outras actividades relacionadas. Foi Director do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanomateriales, situado en Braga.