Pasado mañá, Mércores, ingresará na RAGC o matemático Prof. Dr. D. Juán José Nieto Roig

25/04/2016

O vindeiro mércores, día 27, o Prof. Dr. D. Juán José Nieto Roig ingresará na Real Academia Galega de Ciencias, como Académico numerario. No acto solemne que terá lugar ás 19,00 horas no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, o ilustre matemático lerá o seu discurso de ingreso titulado Matemáticas para a complexidade, ao que dará resposta o Académico Prof. Dr. D. Gerardo Rodriguez López. Ao acto está prevista a asistencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, os Reitores das Universidades de Santiago e A Coruña, o Vicepresidente do Consello da Cultura Galega, o concelleiro de Edcación do Concello de Santiago e outras autoridades.