Pasadomañá, día 27, ingresa como Académico Numerario da RAGC o Prof. Dr. D. Luis Caramés Viéitez

25/05/2015

O acto de ingreso terá lugar o Mércores 27 as 7 da tarde no Pazo de San Roque, rúa San Roque, 2 en Santiago de Compostela. O discurso de ingreso versará sobre "Entre a miopía e a avaricia: un percorrido pola crise financeira". A contestación correrá a cargo do Académico D. Manuel Freire Rama. Ao acto asistirá o Sr. Presidente da Xunta D. Alberto Núñez Feijóo e contará coa  presencia de numerosas autoridades e representacións.