Pasadomañá, Mércores, ingresará na RAGC o economista Prof. Dr. D. José Ramón Cancelo de la Torre

12/09/2016

O próximo Mércores 14 de setembro terá lugar o ingreso do Prof. Dr. D. José Ramón Cancelo de la Torre como Académico Numerario da RAGC. O acto solemne terá lugar ás 7 da tarde no  Pazo de San Roque, San roque, 2, en Santiago de Compostela. O Académico electo pronunciará un discurso de ingreso sobre La crisis de la eurozona: una historia dedesequilibrios y asimetrías.
O Prof. Cancelo licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago e doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid, con Premio Extraordinario. Tras o seu paso, como Profesor, polas Universidades Autónoma de Madrid e de Castilla la Mancha, actualmente é Catedrático no Departamento de Economía Aplicada II (Facultade de Economía e Empresa) da Universidade da Coruña. Participou nun elevado número de Proxectos e Contratos de Investigación, interveu nun gran número de Congresos nacionais e internacionais e publicou un medio centenar de traballos, varios capítulos de libros e varios libros, un deles sobre a Economía de Galicia.