A Profra. Dra. Da. Aída Fernández Ríos nova Académica Numeraria da RAGC

19/06/2015

O pasado Xoves, día 18, tivo lugar o solemne acto de ingreso da Profra. Dra. Da. Aída Fernández Ríos como Académica Numeraria da Real Academia Galega de Ciencias. A Profra. Fernández Ríos pronunciou  o seu discurso de ingreso “Acidificación do Mar: Unha consecuencia das emisións de CO2”, que foi contestado polo Académico Prof. Dr. D. Antonio Ballester Alvarez Pardiñas. Posteriormente, A Profra. Fernández Ríos recibiu o Diploma de Académica de mans do Delegado en Galicia do  CSIC, Prof. Dr. D. Eduardo Pardo de Guevara e a Medalla da Academia, que lle foi imposta polo Presidente da mesma Prof. Dr. D. Miguel Ángel Ríos Fernánez. Ao acto, que estivo moi concorrido, asistiron numerosas Autoridades. Da. Aida Fernández é a terceira muller que ingresa na Academia nos últimos anos. A nosa cordial felicitación a  nova Académica.