A RAGC e a CEG inauguran o ciclo Desafíos e Oportunidades da Nanotecnoloxía

21/11/2017

Onte tivo lugar a inauguración do ciclo Desafíos e Oportunidades dá Nanotecnoloxía, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia. Coordinado polos académicos Arturo López Quintela e José Rivas Rey, verdadeiros especialistas na materia, conta cun panel de expertos da máxima categoría, que xunto a aspectos xerais analizan diversas proxeccións importantes desta tecnoloxía de carácter transversal, que poden revolucionar múltiples aspectos das nosas vidas. O ciclo, finalizará o vindeiro xoves e conta con máis dun  centenar de inscritos.