A RAGC enriquecese coa incorporación de seis novos Académicos Numerarios

26/01/2015

Tal como anunciou o seu Presidente no discurso do acto de Apertura de curso, a Real Academia Galega de Ciencias decidiu aumentar o seu talento coa incorporación de seis novos Académicos Numerarios, que irán facendo efectivo o seu ingreso na RAGC ao longo do ano 2015. Os académicos electos son o Prof. Dr D. Senén Barro Ameneiro, da USC, físico, experto en intelixencia artificial; o Prof. Dr. D.Juan Ramón Vidal Romaní, da UDC, experto en xeoloxía; a Profra. Dra. Dª. Aída Fernández Ríos, do CSIC, bióloga, experta en oceanografía; o Prof. Dr. D. Ramón Doallo Biempica, da UDC, informático, experto en arquitectura de ordenadores; o Prof. Dr. D. Pedro Merino Gómez, da UVIGO, enxeñeiro industrial, experto en temas de corrosión e o Prof. Dr. D. Luis Caramés Vieitez, da USC, experto economista. Todos eles son figuras moi relevantes no seu campo. A todas e todos a nosa felicitación máis sincera e o noso agradecemento por aceptar compartir connosco os obxectivos da Academia.