A RAGC fai pública a resolución dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018, convocados en colaboración con GAIN, Axencia Galega de Innovación

07/11/2018

O premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para pemes recae na empresa luguesa Insitu, con orixe na Uvigo, polo desenvolvemento dun sistema SIG de xestión de estradas baseado en datos xeorreferenciados 3D de alta densidade. A transferencia de tecnoloxía desde o grupo de investigación GeoTech da Universidade de Vigo á empresa Insitu levouse a cabo a través dun Doutoramento con Mención Industrial. Neste caso, segundo a normativa vixente, o doutorando, a través do seu traballo de Tese, deberá participar nun proxecto de investigación que interese á empresa, que estará avalado por un contrato laboral ou mercantil entre a empresa e o doutorando. A tecnoloxía transferida supuxo un importante impulso para a empresa, que incrementou significativamente a súa facturación e o número dos seus empregados.

O galardón ao mellor traballo de investigación aplicada correspóndelle a un equipo da USC, que dirxe o Profesor D. Francisco Rivadulla, por un poxecto liderado por o Sr. Rivadulla e o Dr. Victor Leborán, no que se pon a punto un microsensor de temperatura ultrasensible, que pode facilitar notablemente estudos calorimétricos en procesos de interese químico e biolóxico. O microsensor destaca pola súa sensibilidade, a súa rapidez e a súa pequena dimensión e pode ser útil para o desenvolvemento de novos fármacos. O Profesor Rivadulla pertence á Facultade de Química (Departamento de Química Física) e o equipo ten a súa sede no CIQUS.

O traballo “ Pescaenverde: A historia dunha etiqueta” foi distinguido cunha mención especial. No traballo, no que se pon a punto unha etiqueta de calidade ecolóxica para os produtos da pesca, inscríbese plenamente no que hoxe coñecemos como economía circular. Os seus autores son os Professores D. Gumersindo Feijoo e Dá. María Teresa Moreira e os Doutores D. Ian Vázquez- Rowe e D. Pedro Villanueva-Rey, todos eles do Departamento de Enxeñería Química da E. T. S. de Enxeñería da USC, adscritos á plataforma CRETUS.

Para todos os premiados nosa máis cordial parabén.

Os premios entregaranse en acto público a finais do presente mes.