A RAGC inaugura o Curso 2015 e entrega os premios de Investigación Ernesto Vieitez 2014

10/01/2015

O próximo 21 de Xaneiro, a Real Academia Galega de Ciencias procederá á Apertura do Curso 2015, que terá lugar nun acto solemne a celebrar no Pazo de San Roque, San Roque, 2, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde. A Lección Maxistral correrá A Cargo do Académico Numerario, D. Fernando Pérez González, da UVIGO, que disertará sobre o tema "O que o ollo non ve. O Photoshop e a nova ciencia forense multimedia". No transcurso do devandito acto, a RAGC procederá tamén a entrega dos Premios de Investigación Ernesto Vieitez, 2014.