A RAGC inaugura o seu curso 2016 e entrega os Premios de Investigación Ernesto Viéitez.

21/01/2016

A RAGC inaugura o seu curso 2016 e entrega os Premios de Investigación Ernesto Viéitez.

O solemne acto estivo Presidido polo Presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Prof. Dr. D. Miguel A. Ríos e contou coa asistencia do Presidente do Consello da Cultura Galega, dos tres Reitores das Universidades Galegas e do Director da Axencia Galega de Innovación, entre outras autoridades. Tras a lectura da Memoria de actividades por parte do Secretario, a Académica Profra. Dra. Da. Alicia Estévez Toranzo pronunciou unha interesante e amena lección sobre o tema “O Microbioma humano. Da escuridade á omnipresencia”. A continuación entregáronse os Premios de Investigación Ernesto Viéitez, nas súas dúas modalidades. O premio para investigadores senior concedeuse a Da. Branca Laffon, Da. Gözle Kiliç, D. Eduardo Pásaro e Da. Vanesa Valdiglesias, da Universidade da Coruña, polo seu traballo sobre a toxicidade das nanopartículas de ferritas. Sobre nanopartículas versou tamén o traballo de D. Miguel Alexandre Ramos, da Universidade de Vigo, gañador do premio a investigadores novos, no que estudou un procedemento para obter ocos en nanopartículas de óxido de cobalto. Tras unhas palabras de Da. Branca Laffon, en representación dos premiados, o Presidente clausurou o acto, que finalizou co Himno Galego.