Raúl Romar García I Premio Galicia de Xornalismo Científico

29/09/2016

A RAGC fixo pública a concesión do I Premio Galicia de Xornalismo Científico, convocado en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain). O Xurado, constituido basicamente por profesionais e persoas especializadas en Comunicación examinou o elevado número de pezas presentadas (39) e concedeulle o Premio, por unanimidade, a D. Raúl Romar García, pola súa reportaxe titulada "Galicia reclutará a 1.000 pacientes en el mayor ensayo para tratar la artrosis", publicada na  Voz de Galicia o 20/09/2015. Os nosos parabens máis cordiais!