A Real Academia Galega de Ciencias con Isidro Parga Pondal

17/01/2015

No día de onte,  Isidro Parga Pondal recibíu unha ben  merecida homenaxe con motivo da celebración do día da Galeguidade Empresarial.  O acto tivo lugar na Facultade de Química, onde se lle adicou un busto conmemorativo. A Real Academia Galega de Ciencias, que estivo representada no acto polo seu Presidente, quere expresar a súa grande satisfacción por este recoñecemento. Ao respecto, a RAGC quere lembrar que Isidro Parga Pondal foi un dos fundadores desta Real Academia, que no ano 2009 o proclamou Científico Galego do ano e lle rendiu unha solemne homenaxe pública. Por iniciativa do Concello de Santiago coa colaboración da RAGC, Isidro Parga, como Científico Galego 2009, ten una Placa conmemorativa no parque Científico que leva o seu nome, situado en San Roque (Santiago de Compostela).