Reunión da Directiva coa Axencia Galega de Innovación

27/02/2019

 

O Presidente e o Vogal da Directiva da RAGC, D. Juan Lema e D. Fernando Pérez, mantiveron onte unha reunión coa Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Dª Patricia Argerey, e o Director da área de Xestión, D. Benito Fernández. Entre outros temas de interese común, tratouse a próxima convocatoria de Premios de Transferencia, convocados pola Academia co apoio de GAIN e a colaboración entre ambas as institucións cara ao Día dá Ciencia en Galicia 2019.  En breve, informaremos de interesantes novidades nos Premios de Transferencia, que aumentarán o seu atractivo.