Premios de Xornalismo Científico Celia Brañas

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración de la Axencia Galega de Innovación (GAIN), convoca a sexta edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas. O prazo para presentar traballos rematará o 20 de maio de 2021.

Mais info

Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, abre desde o 1 de marzo ata o 30 de abril o prazo de presentación de candidaturas aos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021. Os destinatarios destes galardóns, que este ano chegan á súa sexta edición, son os investigadores e as empresas na súa faceta mais aplicada e de transferencia de coñecemento.

Últimas Novas + 

A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan cinco conferencias en institutos de Tui, Bueu, O Grove e Silleda para fomentar vocacións científicas entre estudantes de secundaria e bacharelato

A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan cinco conferencias en institutos de Tui, Bueu, O Grove e Silleda para fomentar vocacións científicas entre estudantes de secundaria e bacharelato

Científicas das tres universidades galegas impartirán charlas sobre bacterias comeplásticos, Intelixencia Artificial, revolución alimentaria e a aplicación das matemáticas á vida Son actividades que forman parte do segundo bloque temático do ciclo “Aida Fernández...

Unha mesa redonda analizará mañá diferentes aplicacións tecnolóxicas de éxito para propietarios, industria e comercialización no sector agrario galego no ciclo Luis Asorey, organizado pola RAGC e a Deputación de Lugo

Unha mesa redonda analizará mañá diferentes aplicacións tecnolóxicas de éxito para propietarios, industria e comercialización no sector agrario galego no ciclo Luis Asorey, organizado pola RAGC e a Deputación de Lugo

Falarase de proxectos para mellorar o fluxo de datos na cadea de subministro da madeira, tecnoloxías para unha viticultura máis eficiente e a ferramenta galega Smartwood para a correcta selección de especies forestais Será ás 19 horas no salón de plenos da Deputación...

Día da Ciencia en Galicia

No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á Sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que se destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.

Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de Xullo de 2006, acordou  instituir o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria, a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública, en acto solemne.

Anuario da Real Academia Galega de Ciencias

Anuario da Real Academia Galega de Ciencias, revista anual cuxo obxectivo é difundir dende dentro noticias relacionadas coa institución, os académicos e a ciencia e a tecnoloxía galegas.

 

PDF

Vídeo do Día da Ciencia en Galicia 2019

TOMÁS BATUECAS MARUGÁN

Tomás Batuecas Marugán, referente internacional na determinación dos pesos atómicos de los elementos químicos. Este ano, no que o Día de la Ciencia está dedicado a un químico, conmemórase o 150 aniversario da creación da táboa periódica.