Convocatoria 2021 Medallas de Investigación da
REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS

Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2021

Os Premios de Investigación da Academia convócanse anualmente en dúas modalidades: Premio a un Traballo de Investigación científico-técnica realizado por investigadores consolidados e Premio dedicado á Promoción de Investigadores Mozos, a un traballo de investigación científico-técnica realizado por investigadores menores de 30 anos.

Últimas Novas + 

A Real Academia Galega de Ciencias enxalza a “excelencia investigadora” de Fiz Fernández, como experto en oceanografía química, no ciclo do carbono mariño e na acidificación dos océanos

A Real Academia Galega de Ciencias enxalza a “excelencia investigadora” de Fiz Fernández, como experto en oceanografía química, no ciclo do carbono mariño e na acidificación dos océanos

“O océano está axudando a mitigar o cambio climático pero a un custo moi alto, a súa acidificación” O profesor do Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo do CSIC pronunciou hoxe o seu discurso de ingreso como académico da Sección de Química e Xeoloxía nun acto...

Día da Ciencia en Galicia

No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á Sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que se destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.

Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de Xullo de 2006, acordou  instituir o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria, a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública, en acto solemne.

Anuario da Real Academia Galega de Ciencias

Anuario da Real Academia Galega de Ciencias, revista anual cuxo obxectivo é difundir dende dentro noticias relacionadas coa institución, os académicos e a ciencia e a tecnoloxía galegas.

 

PDF