O presidente da RAGC, Juan Lema, reuniuse co novo presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. Durante a xuntanza abordaron posibles vías de colaboración entre as dúas entidades. Os representantes de ámbalas institucións amosaron o seu interese en desenvolver no futuro actividades conxuntas, que contribúan á promoción e desenvolvemento da lingua e da ciencia na nosa comunidade. No encontro estivo tamén a tesoureira da RAC, María López Sández.
Últimas Noticias

Os académicos Ángel Carracedo e Carmen Álvarez, Premios Nacionais de Investigación

A académica Marisol Soengas, investida Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña

Entrega da Medalla de Ouro da RAGC á Fundación Barrié polo seu apoio ao avance científico

Entrega dos “Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores xoves”

Sete investigadoras e investigadores mozos das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, recoñecidos cos Premios RAGC-UIE