O sector da moda evolucionou de modo relevante ao longo do tempo, se ben mantivo na súa esencia o ser un acto
creativo de moi alto valor engadido, xerando unha contribución á economía e ao emprego nada desdeñable. As súas dúas
dimensións, estética e económica, enfiadas por unha certa forma de emoción, vense hoxe diante o desafío da
sostibilidade. A toma de conciencia social do necesario e urxente respecto á protección do medio ambiente, interpela
tamén ao mundo da moda. En definitiva, este aspecto ha de sumarse ao vector ético que a moda, a través dos seus
actores máis concienciados, inclúe xa no seu propio código xenético.
A Real Academia Galega de Ciencias, tendo en conta que a industria da moda é moi significativa en Galicia, organiza
unhas xornadas, dirixidas polo Prof. Luis Caramés, nas que se poida facer un balance de situación do sector, á vez que se discuten os seus problemas actuais e os desafíos por vir, no marco da sostibilidade. Participarán nel: Miguel Vázquez Taín. Presidente do Consello Galego de Economistas; Alberto Rocha Guisande. Clúster Moda de Galicia (Cointega); Marina López Domínguez. Presidenta de Moda Sostenible de España (AMSE); Gema Gómez. Directora de Slow Fashion Next; Maite Aranzábal Harreguy. IE Business School; Ángeles Menéndez Durán. Diplomada en deseño. IADE; e
Tiziana Domínguez González. Directora Creativa de Adolfo Domínguez, SA

O seminario celebrarase vistualmente na plataforma zoom, e ainda que é gratuíto, requírese a inscripción previa na ligazón : https://bit.ly/2AitntD

Share This