O académico Senén Barro, director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), foi nomeado presidente do comité asesor do novo Laboratorio de Ideas en intelixencia artificial da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
O novo órgano reúne unha trintena de especialistas de referencia do ámbito académico, institucional e empresarial co obxectivo de analizar os principais retos asociados ao despregamento da IA e achegar recomendacións en ámbitos de alto impacto social. Entre as súas liñas de traballo destacan a protección da dignidade das mulleres fronte aos sesgos algorítmicos, a loita contra a desinformación, a seguridade dixital da infancia ou a transformación do mercado laboral, incluíndo fenómenos como os deepfakes ou a automatización da propaganda.