O Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Real Academia Galega de Ciencias asinaron onte un acordo marco de colaboración

24/10/2014

Tal como anunciabamos, onte  tivo lugar o acto de firma dun acordo marco de colaboración entre a Real Academia Galega de Ciencias e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia. O acordo ten como obxectivo xeral potenciar a difusión social das Ciencias Químicas en Galicia. Na foto, os Presidentes de ambas institucións, Antonio Macho Senra e Miguel Ángel Ríos.