O Emprendemento feminino a debate

23/10/2014

Nos locais da CEG, en Santiago, tivo lugar hoxe unha mesa de debate sobre "Emprendemento feminino", conducida pola Secrearia  Xeral da Igualdade, Dª Susana López Abella. A Mesa forma parte do ciclo "O Emprendemento científico, unha oportunidade necesaria", que organizan a Real Academia Galega de Ciencias e a Confederación de Empresarios de Galicia, co  patrocinio da Deputación Provincial de A Coruña. A foto corresponde a  Mesa de debate celebrada o pasado día 16, que foi moderada por D. Javier López, Director da Fundación Barrié.