O Instituto de Estudios Fiscales celebrou un acto de homenaxe ao académico da RAGC Jorge Martínez-Vázquez, facendista e reputado experto en cuestións de federalismo fiscal a nivel internacional. É unha figura clave no ámbito da descentralización fiscal e o federalismo.

O evento reuniu a destacados expertos nacionais e internacionais. No transcurso do mesmo abordáronse temas relevantes neste campo como os 45 anos da descentralización en España, os retos actuais do federalismo fiscal no mundo, o sistema fiscal español ou a xestión e avaliación de políticas públicas. A sesión pechouse cun discurso do homenaxeado, acompañado dunha laudatio do catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela Santiago Lago Peñas.

Share This