O presidente da RAGC, Juan Lema, reuniuse co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, co fin de planificar accións conxuntas de futuro. Os representantes das dúas institucións fixeron balance do traballo realizado en común no último ano, ao tempo que trazaron as accións que se van desenvolver nos vindeiros meses.
O conselleiro, que estivo acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, avaliou co presidente da Academia os proxectos actuais e revisou as actuacións levadas a cabo de cara a preparar próximas colaboracións. Entre outras iniciativas exitosas, destaca a ampla difusión realizada en torno á figura do Matemático Rodríguez, cunha exposición itinerante que, logo de pasar por Santiago de Compostela, Lalín e Madrid, inaugurouse recentemente no Parlamento Europeo en Bruxelas.