O Prof. Dr. D. Ángel Carracedo ingresóu na tarde de onte na Real Academia Galega de Ciencias

18/12/2014

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebróu onte o  acto de ingreso de D. Ángel Carracedo Álvarez como novo Académico Numerario. A sesión solemne tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. O  novo Académico da RAGC falóu, no seu discurso, sobre "A revolución xenómica e o seu impacto no  mundo contemporáneo", no que fixo una entusiasta exposición das inmensas posibilidades que ofrece o coñecemento do xenoma e dos moitos logros do seu Grupo de investigación neste campo. ´O seu discurso foi contestado polo Académico Prof. Dr. D. Rafael Tojo, que levou a cabo a "laudatio" do novo Académico. De seguido  recibiu a medalla e o diploma de Académico de mans do Presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, quen tras facer mención dos grandes retos e riscos cos que se enfrontan hoxe a Ciencia e a Técnica, con especial alusión a  investigación xenómica, deulle a benvida a  Academia ao Prof. Carracedo. O novo Académico estivo arroupado por un  grupo moi nutrido de familiares, compañeiros e amigos que encheron o local así como por numerosas autoridades, entre as que cabe destacar a Conselleira de Sanidade, Da. Rocío Mosquera; ol Rector da UDC, D. Xosé Luis Armesto;  o Conselleiro Maior do Consello de Contas, D. Xesús Palmou e o Vicerreitor de Organización Académica e PDI da USC, D. Luis Lima.

 

Ver galería