O Prof. Dr. D. Fernando Pérez González, novo Académico Numerario da RAGC

04/07/2014

O pasado día 2 de Xullo tivo lugar o ingreso do Prof. Dr. D. Fernando Pérez González como Académico Numerario desta Real Academia. Ao solemne acto público, presidido polo Prof. Dr D. Miguel Ángel Ríos, Presidente da RAGC, asistiron o Reitor da Universidade de Vigo, entre outras autoridades, académicos, familiares, representantes da empresa Televés, investigadores e amigos. No seu discurso de ingreso, titulado "A derradeira adiviña de Shannon", levou a cabo unha interesante revisión histórica, documentada e crítica, dos códigos de comunicacións.

Ver galería

 

FERNANDO PÉREZ GONZÁLEZ

Fernando Pérez González naceu en Vigo en 1967. É Enxeñeiro de Telecomunicación (1990), Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo (1993) e catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo (2000). É "Research Professor" no Electrical and Computer Engineering Department de la University of New Mexico (UNM), onde durante 2009-2011 foi titular da Cátedra Príncipe de Asturias en Ciencia da Información e Tecnoloxías Relacionadas.

As súas áreas de interese investigador céntranse nas comunicacións dixitais, algoritmos adaptativos, watermarking e forensia e seguridade da información.

Publicou máis de 55 artigos en revistas e máis de 150 en conferencias internacionais con revisión, despois de ser citado en máis de 2700 ocasións. Tamén foi organizador de varias conferencias internacionais sobre procesado de sinal en comunicacións, watermarking e a lei de Benford. Foi investigador principal de múltiples contratos coa industria e de proxectos europeos do quinto, sexto e sétimo programas marco. Conta con catro patentes internacionais concedidas e outras en proceso de solicitude nas áreas de radiodifusión dixital, videovixilancia, protección de documentos imprimidos, equipamento de medida ehashing de audio. Recibiu varios premios á innovación e aoemprendimiento empresarial. Durante 2007-2010 foi Xestor da Área de Tecnoloxía Electrónica e de Comunicacións do Ministerio de Ciencia e Innovación. Foi Editor Asociado de IEEE Signal Processing Letters e IEEE Trans. on Information Forensics, e membro do Consello Editorial de LNCS Transactions on Data Hiding andMultimedia Security e EURASIP International Journal on Information Security. É membro asociado do Information Forensics and Security Technical Committee, IEEE Signal Processing Society.