A RAGC celebrou no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso do arquitecto británico Sir David A. Chipperfield (Londres, 1953) como académico correspondente da sección de Ciencias Técnicas da institución. O arquitecto pronunciou o seu discurso de ingreso co título “Common Ground” (“Territorio común”). O encargado de realizar a laudatio foi o académico Pedro Merino, catedrático emérito de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da Universidade de Vigo.
O presidente da RAGC, Juan Lema, deulle a benvida ao novo académico. Salientou que “o ingreso de Sir David Chipperfield enriquece a Academia e reforza a súa misión de unir ciencia, cultura e sociedade en beneficio do pobo galego. A súa relación fonda e duradeira con Galicia, materializada na Fundación RIA, amosa o seu compromiso coa nosa terra e co seu futuro”. Ademais, puxo de relevo que “a traxectoria de Chipperfield lémbranos que a arquitectura, guiada pola ética e a responsabilidade, é unha disciplina ao servizo da sociedade”.
“A RAGC recoñece non só a un dos arquitectos máis influentes do noso tempo, senón tamén a un pensador, urbanista e cidadán profundamente comprometido cos retos do noso mundo. A súa obra é admirada en todos os continentes pola súa integridade, claridade e diálogo respectuoso co lugar e a historia. Con todo, o que máis nos enorgullece é que non só é unha voz no mundo da arquitectura, senón tamén unha voz para Galicia, á que ofrece o seu talento por un futuro máis sustentable” -remarcou Lema-.
Chamamento á comunidade científica para que se involucre coas iniciativas locais destinadas a protexer e revitalizar o territorio
No seu discurso, David Chipperfield manifestou: “Tras haber pasado casi 35 años visitando Galicia, hace 8 años acepté el reto de considerar los factores que han estado erosionando la calidad de las ciudades, pueblos y aldeas de la región en los últimos 50 años. En todas partes luchamos por encontrar un equilibrio entre desarrollo y protección. La crisis medioambiental a la que nos enfrentamos nos obliga a reconsiderar la forma en que vivimos y la manera en que tomamos decisiones. Como arquitectos y urbanistas debemos tener cuidado con el porqué construimos, qué construimos y dónde construimos. Hace 8 años decidí crear un estudio independiente dedicado a estas cuestiones: ¿por qué el centro de esta ciudad está lleno de tráfico?, ¿por qué hay tantos edificios vacíos y, sin embargo, seguimos construyendo en suelo verde?, ¿por qué se están abandonando las aldeas del rural?”.
O novo académico destacou que “las condiciones físicas, medioambientales, sociales y comerciales que existen en Galicia le ofrecen una gran oportunidad para alcanzar los objetivos de sostenibilidad más fácilmente que en otras regiones o partes del mundo. Esta premisa se basa en el hecho de que la región no está dominada por grandes centros metropolitanos, contiene una elevada proporción de tierras forestales, un sistema alimentario productivo que sigue siendo a pequeña escala y una comunidad muy comprometida con sus cualidades naturales y con un gran conocimiento de las formas de la naturaleza tanto en la tierra como en el mar”.
“En la tarea de revitalizar el medio rural hemos comprobado lo solas y desconectadas que están las iniciativas locales y cuánto necesitan apoyo administrativo, jurídico, técnico y científico. En nuestra misión de fomentar y promover estas iniciativas, queremos incentivar la creación y consolidación de lo que podemos llamar `entidades facilitadoras´, que ofrezcan apoyo a las iniciativas locales, como hace la Fundación RIA de forma pequeña y modesta. Me gustaría hacer un llamamiento a la comunidad científica para que se involucre en estos retos y aporte sus conocimientos para aplicarlos en proyectos piloto, como parte de un ecosistema local que pueda florecer en un futuro resiliente, sostenible y próspero” -salientou-.
O arquitecto deixou patente que “la naturaleza de Galicia no sólo define su carácter, sino que durante tantos años ha moldeado a su gente. Una población que ha trabajado con la tierra y el mar durante generaciones tiene una relación especial con su país. Esta relación se ve desafiada por los hábitos modernos y las tendencias globales, pero creemos que esta comunidad, más que ninguna otra, puede dar ejemplo a los demás sobre la importancia de proteger nuestro entorno y comprender que constituye la base de nuestra calidad de vida y de la seguridad de las generaciones futuras: nuestro terreno común”.
Pedro Merino: “A profunda conexión e compromiso de Chipperfield con Galicia tradúcese nunha aposta pola conservación da nosa paisaxe”
O académico Pedro Merino realizou a laudatio do novo integrante da RAGC. Referiuse á súa “inmensa e plural obra arquitectónica, que abrangue máis de cen proxectos ao longo de máis de catro décadas, conservando unha meticulosa e consistente calidade de deseño baseada na austeridade e a ausencia de artificios. A súa arquitectura busca ser práctica, duradeira e ben construída, con especial atención aos materiais nobres e de calidade”.
Destacou a concienciación de Chipperfield sobre o cambio climático, o que o leva a defender o deseño de lugares que fomenten o transporte público e integren espazos verdes. “Promove a idea de que xa non se trata de construír para fins económicos e turísticos, senón para os propios cidadáns; o crecemento e o consumo deben ser substituídos pola calidade de vida como eixes impulsores da actividade arquitectónica”.
Merino subliñou “a profunda conexión e compromiso” do homenaxeado con Galicia. Nesta liña, indicou que “achega coñecemento espacial e ambiental para conservar e coidar as paisaxes dunha terra que considera o seu segundo fogar. No proxecto que promove e preside, a Fundación RIA, asesora sobre a conservación da nosa paisaxe, agricultura, ecoloxía e tradicións territoriais, co fin de axudar a preservar e estender o noso ecosistema nas vindeiras décadas no contexto dos retos sociais e ambientais globais”.