O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades vén de facer públicos os Premios Nacionais de Investigación 2026, cos que recoñece a excelencia científica e a contribución ao avance do coñecemento de investigadores e investigadoras cunha destacada traxectoria.
O Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón, na área de Medicina e Ciencias da Saúde, foi concedido a Ángel María Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago, pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e xenómica.
Pola súa parte, o Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera, na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra, foi concedido a Carmen Isabel Álvarez Lorenzo, catedrática da Universidade de Santiago e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS), pola súa destacada traxectoria investigadora no campo da ciencia dos materiais biomédicos.