Posesión de nova académica

04/07/2014

O día 24 do próximo mes de Setembro terá lugar o solemne acto académico de ingreso, como Académica Numeraria da Real AcademiaGalega de Ciencias, da Profra. Dr.a Dª. Alicia Estevez Toranzo. O acto se celrebrará no Pazo de San Roque, San Roque, 2, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde.

Alicia C. Estevez Toranzo é Catedrática da USC no Dpto. de Microbioloxía e Parasitoloxía. A súa investigación encádrase no ámbito da Biotecnoloxía, máis concretamente céntrase no estudo de patoloxías de peixes, elaboración de vacinas para acuicultura, etc.
Nos últimos 10 anos dirixiu 16 Teses doutorais, publicou 1 libro e 30 capítulos de libros, 132 traballos de investigación. Ten 7 patentes rexistradas e participou nun número moi elevado de proxectos con financiamento pública e privada.