Premios RAGC-UIE
para Investigadoras e Investigadores Xoves
A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa queren dar recoñecemento público e potenciar as traxectorias de investigadoras e investigadoras xoves pertencentes ás grandes áreas de coñecemento: Ciencias Básicas, Ciencias Técnicas e Ciencias Sociais, que desenvolvan a súa carreira en centros de investigación en Galicia mediante tres premios dotados, cada un, con 5.000 €.
Histórico Premiados
Ano 2026
PINCHAR PARA VER O VÍDEO DO ACTO
1º Premio Ciencias Básicas
Verónica Bolón Canedo Profesora da Universidade da Coruña, desenvolve a súa actividade no Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial do CITIC -Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións-. O seu traballo céntrase no deseño de sistemas de intelixencia artificial eficientes, capaces de equilibrar rendemento, custo computacional e impacto ambiental. É pioneira en situar a sustentabilidade como eixe central do deseño algorítmico. |
|
AccésitCiencias Básicas
Manuel Souto Salom Investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago. Traballa no desenvolvemento de materiais máis sostibles con aplicacións en almacenamento enerxético. Na actualidade está enfocado no desenvolvemento de baterías máis eficientes e sostibles, baseadas en eléctrodos orgánicos, fronte ás baterías de litio convencionais, que usan elementos críticos como o cobalto. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias Básicas
Ismael González García Investigador do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC. Afonda nos mecanismos neuroendocrinos que controlan o metabolismo. Nesta liña, descubriu que os estróxenos actúan no hipotálamo para incrementar a temperatura corporal e xerar saciedade. En relación á regulación hipotalámica do peso corporal, os seus traballos supuxeron un notable avance no coñecemento dos mecanismos fisiopatolóxicos da obesidade. |
![]() Clic para acceder á galería |
1º PremioCiencias Técnicas
Laura Castro Santos Investigadora da Universidade da Coruña, desenvolve o seu labor no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) de Ferrol. A súa traxectoria céntrase no estudo técnico-económico das enerxías renovables mariñas: enerxía eólica mariña, enerxía undimotriz, sistemas híbridos de enerxía mariña e enerxía solar mariña. É a única catedrática na área de Construcións Navais en Galicia e a máis nova de toda España. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias Técnicas
Lucía Díaz Vilariño É profesora do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo. Aborda a dixitalización da contorna construída para crear espazos máis seguros, intelixentes e sostibles. Tamén analiza o espazo urbano co obxectivo de comprender a súa influencia sobre o ser humano, de interese, por exemplo, para mellorar a accesibilidade ou facilitar a vida de persoas con diversidade funcional. Procura o mantemento intelixente de infraestruturas e a aplicación da circularidade e a sustentabilidade na construción. |
![]() Clic para acceder á galería |
1º PremioCiencias SociaisMaría Barreiro Gen Profesora da Universidade da Coruña e investigadora do centro de investigación interuniversitario ECOBAS. Céntrase na busca busca de mecanismos que axuden ás organizacións a ser máis sustentables, económica, ambiental e socialmente. Participou no proxecto europeo “ToNoWaste”, no que colaborou con 21 universidades e varias institucións de 7 países, co obxectivo de reducir o desperdicio de alimentos. É coordinadora do Green Campus da facultade de Economía e Empresa da UDC. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias SociaisRubén Lado Sestayo Profesor de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago. Ao longo da súa carreira desenvolveu dúas grandes liñas de investigación: o estudo do efecto da localización empresarial sobre as variables económico-financeiras, con especial atención ao sector turístico-hoteleiro español; e a xestión de riscos empresariais nun contexto de crecente dixitalización e transición enerxética. É secretario do Centro de Estudos Turísticos (CETUR) da USC e investigador de ECOBAS. |
![]() Clic para acceder á galería |
Ano 2024
PINCHAR PARA VER O VÍDEO DO ACTO
1º PremioCiencias Básicas
Beatriz Pelaz García Profesora da Universidade de Santiago e investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC. O seu traballo céntrase no desenvolvemento de nanomateriais funcionais para a súa aplicación en modelos biolóxicos, co obxectivo de crear unha nova xeración de nanomedicinas máis eficientes. |
![]() Clic para acceder á galería
|
AccésitCiencias Básicas
Susana Ladra González Profesora da Universidade da Coruña e membro do grupo de investigación “Laboratorio de Bases de Datos” na facultade de Informática. Durante os últimos anos foi investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións -CITIC-. Enfoca o seu traballo ao deseño de algoritmos e estruturas de datos aplicados á recuperación de información e en aplicacións multidisciplinares no campo da bioinformática. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias Básicas
Iria Gómez Touriño Profesora da Universidade de Santiago e directora do grupo de investigación “Xenomas e Inmunidade” no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas -CiMUS- da USC. Estuda os mecanismos moleculares da autoinmunidade e como as moléculas pequenas participan na alteración do funcionamento do sistema inmunolóxico, así como o seu potencial terapeútico. |
![]() Clic para acceder á galería |
1º PremioCiencias Técnicas
Belén Riveiro Rodríguez Profesora na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Investigadora do CINTECX -Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais-, onde forma parte do grupo de investigación “Xeotecnoloxías Aplicadas”. Lidera novidosas liñas de investigación que combinan a enxeñaría estrutural, a teledetección e a intelixencia artificial para a avaliación de estruturas de enxeñaría civil. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias Técnicas
Sara González García Profesora de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago e investigadora do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais -CRETUS- da USC. As súas principais liñas de investigación inclúen a economía circular, o estudo das pegadas ambientais e a análise da sustentabilidade; empregando a metodoloxía da análise do ciclo de vida (ACV) en sistemas industriais, agroalimentarios, urbanos e forestais. |
![]() Clic para acceder á galería |
1º PremioCiencias SociaisCristina Gómez Román Profesora de Psicoloxía da Universidade de Santiago. Desenvolve o seu labor no campo da psicoloxía política, a acción colectiva e o comportamento das persoas en contextos de crises sociais e políticas. Investiga ademais sobre problemas ambientais no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais -CRETUS- da USC, onde coordina o seu programa de Mentores. |
![]() Clic para acceder á galería |
AccésitCiencias SociaisAriadna Monje Amor Profesora da Universidade da Coruña. Lidera diferentes grupos de traballo relacionados co emprendemento -en colaboración cos proxectos GEM en España- e co turismo, realizando tanto investigacións científicas como asesoría para distintas administracións. Realizou estadías de investigación nas universidades de Tesalónica (Grecia) e King’s College London. |
![]() Clic para acceder á galería |













