A RAGC e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia asinaron hoxe un acordo marco de colaboración

18/09/2014

No día de hoxe o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e a Real Academia Galega de Ciencias asinaron un convenio marco de colaboración. Ao acto da firma, celebrado no Pazo de San Roque (Santiago de Compostela),  concurriron o Presidente do Colexio Oficial de Biólogos D. José Pelayo Míguez Baños e o Presidente da Real Academia Galega de Ciencias D. Miguel Ángel Ríos Fernández. O convenio establece as bases para a colaboración orientada a  difusión social da Ciencia.