A RAGC e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia asinarán mañán un convenio marco de colaboración

22/10/2014

Mañán, o Presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra e o Presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel A. Ríos Fernández, asinarán un convenio marco de colaboración, encamiñado a favorecer a difusión social da Ciencia , no eido da Química. O acto terá lugar durante a mañán, na sala de xuntas do Pazo de San Roque.